Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
O día 2 de abril celébrase en todo o mundo desde 1967, o Día Internacional do Libro Infantil coincidindo coa data de nacemento do soado escritor danés Hans Christian Andersen, co ánimo de inspirar amor polos libros e a lectura e para chamar a atención da comunidade internacional sobre a literatura infantil e xuvenil
Como todos os anos, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil " OEPLI", xunto a Asociación Galega do libro Infantil e Xuvenil " GALIX" queren celebrar ese día difundindo a mensaxe "Os libros inspiran pausa" e o cartel do ilustrador Kestutis Kasparavicius que preparou a sección de Lituania de IBBY, organizando sesións de contacontos, encontros... ou calquera actividade de promoción da lectura e sobre todo convídanos ao concurso " SElfie Lix 2019".
- Dende Fundación Ferama queremos participar neste proxecto de difusión, co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos, realizando as seguintes actividades na Axencia de Lectura durante o mes de marzo e abril:
- Difusión entre os usuarios e usuarias da Axencia de Lectura de Fundación Ferama a mensaxe "Os libros inspiran pausa" e o cartel do ilustrador Kestutis Kasparavicius que preparou a sección de Lituania de IBBY.
- Sesións de promoción da lectura.
- Animar aos participantes a que difundan o selfie co hashtag # DiaLIJ2019. Participación no Concurso " SElfie Lix 2019".
- Difusión dos libros que posúe a Axencia de Lectura de Andersen.
Se tes entre 3 anos e 100 anos e estás interesedo en participar nestas actividades podes apuntarche nas instalacións de Fundación Ferama ou chamando por teléfono ao 638 959 688.